Inicio

A Asociación de veciños NovaMeira naceu no seo dun grupo de veciños de
Meira os cales non estaban conformes có estado da parroquia e o seu entorno. Este
grupo de veciños, con ganas de facer todo o que poida para mellorar o entorno da
parroquia, foi o que propiciou o nacemento désta asociación.
Xa pasaron máis de oito meses dende a fundación. En todo este tempo a asociación
creceu no número de socias e socios. O día de hoxe somos máis de trescentas
familias asociadas. Este crecemento tan notable respalda a necesidade que había
dunha asociación de veciños, na que todas e todos sintámonos representados.
Na actual directiva, hai representación de tódolos barrios e tódalas asociacións da
parroquia de Meira. Por isto, dende a directiva mostrámoslles o noso agradecemento
pola súa vontade de participar nesta asociación de veciños NovaMeira e unir forzas.
Tamén queremos trasmitir o noso mensaxe de ánimo a todos e a todas para
seguir loitando contra a pandemia que estamos a vivir nestes intres.

Asociación de veciños NovaMeira.